martes, 2 de febrero de 2016

Exposición do proxecto

Durante a primeira avaliación estivemos realizando o proxecto de vigo sustentable e tras unha larga búsqueda centramos a vista en Sargopesca S.L. unha empresa que a primeira vista parecíanos a adecuada e que logo teríamos que verificar coa información que iríamos atopando e coa entrevista.

Todo o grupo aportou e traballou moito, pero eu persoalmente, o que fixen foi buscar distintas empresas que encaixasen cos requisitos, tamén busquei información para a reportaxe escrita, e para completar as entradas do blog e finalmente encargueime de elaborar  a reportaxe escrita enteira, ordear as preguntas e traducilas xa que o xerente de sargopesca preferiu que o entrevistásemos en español, engadir imaxes e gráficas de elaboración propia.

Na visita á empresa o que fixen foi entrevistar a Ricardo Jiménez (xerente de saropesca) xunto cos meus compañeiros Nacho e Ricardo mentres Jana gravaba co seu móvil. Sentímonos bastantes cómodos e a entrevista xurdiu con normalidade, observamos a oficina e os diferentes paneis informativos que se atopaban alí.

Dende o meu punto de vista, o máis difícil foi quizás contactar coa empresa e buscar información sobre ela en Internet, xa que non se ofrecía moita, logo tamén ti.vemos algunha dificultade co video reportaxe aínda que finalmente non tivo especial importancia. Quero remarcar que dende o primer momento Ricardo Jiménez amosouse amable e deixou as súas tarefas para atendernos a nós.

O máis fácil foi realizar  as preguntas xa que como xa as tiñamos feitas pois non xurdiu ningunha complicación e se a iso súmase a amabilidade de Ricardo que nos facilitou a entrevista, tamén resultounos doado, atopar a empresa xa que estaba no porto e a localizamos rápido.

Se tivese que repetir, cambiaría a forma de traballar a empresa, xa que os criterios non nos deixaban extendernos moito, aínda así aprendín moito co traballo, foi unha experiencia enriquecedora que volvería a repetir. Aprendín moitos conceptos, como funciona unha empresa sustentable, como se manexa a nivel nacional e internacional, etc. Volvería a repetir esta experiencia pero con outro tema. Tamén traballar en grupo axúdanos a repartir mellor o traballo e aprender a colaborar con outra xente. Quédome co bo de todo isto e applicarei os conceptos que aprendín.

viernes, 11 de diciembre de 2015

Sesión 8

Hoxe tivemos as respostas con nós xa que xa fixemos a entrevista, empecei a montar a reportaxe

escrita, pero non a rematei. Só dispoñemos dun ordenador polo que solo traballei eu e non avanzamos
moito pero xa o teremos todo rematado para o venres 11.

Sesión 7

Hoxe só tivemos á hora de xeografía, a aproveitamos bastante ben. Rematei de buscar información

para ampliar e rematar algunhas tarefas pendentes aparte de modificar algunhas preguntas do blog,xa

que temos a entrevista con SARGOPESCA S.L. esta tarde. O temos todo listo.

miércoles, 2 de diciembre de 2015

Deseño da visita e posible entrevista

Bos días, finalmente, está confirmado que a empresa que imos a traballar vai ser Srgopesca S.L. Velaquí as preguntas que lle faremos ao xerente da empresa.
  1.  Actualmente, con cantos empregados conta Sargopesca SL?
  2.  En que eido (local, rexional, nacional ou internacional) se desenvolve?
  3.  Empregan vostedes fontes de enerxía renovables ?
  4.  Practican deslocalización?
  5.  Contan con instalacións específicas?
  6.  Informámonos de que se trata dunha sociedade limitada, de cantos propietarios dispón?
  7. Os traballadores que ten a vosa empresa son todos de aquí?
  8. A que subsector industrial pertece? 
  9.  Recibiron durante estes anos algún tipo de subvención do goberno ou mesmo do concello de Vigo? Está suxeita a leis ambientais? 
  10. Pertencen a algún sector empresarial?
  11.  É unha empresa pública ou privada?
  12.  Contan con maquinaria especializada?
  13. Inclúen as novas tecnoloxías nos procedementos industriais?
  14. Cooperan con algunha distribuidora?
  15.   Proporcionades contratos fixos ou temporais principalmente?
  16.  Publicitan o negocio?
  17.  Cales son as características máis relevantes da economía que practican?
  18. Posto que sodes unha empresa que vos centrades no ámbito pesqueiro, de onde proveñen a maioría das vosas capturas?
  19. Cales son os países aos que máis produtos exportades?
  20. Comprades materias primas a outras empresas do ámbito pesqueiro?

Sesión 6

Hoxe ewstivemos  cofeccionando as últimas preguntas para elaborar a entrevista, como non tivemos clase de galego, retrasámonos un pouco no traballo polo que tentaremos rematalo na seguinte sesión. Ricardo e Nacho buscaron a localización aínda que non a temos moi clara aínda mentres Jana axudábame coas cuestións.
Antes de rematar a última clase chamamos á empresa e déronnos cita para o día 3 de decembro ás 15:30.
Polo demais non tivemos case dificultades.

GALEGO:

Hoxe foi a última sesión na clase de galego e a aproveitamos bastante ben. Acabei as preguntas e concretamos xa a entrevista coa empresa