martes, 2 de febrero de 2016

Exposición do proxecto

Durante a primeira avaliación estivemos realizando o proxecto de vigo sustentable e tras unha larga búsqueda centramos a vista en Sargopesca S.L. unha empresa que a primeira vista parecíanos a adecuada e que logo teríamos que verificar coa información que iríamos atopando e coa entrevista.

Todo o grupo aportou e traballou moito, pero eu persoalmente, o que fixen foi buscar distintas empresas que encaixasen cos requisitos, tamén busquei información para a reportaxe escrita, e para completar as entradas do blog e finalmente encargueime de elaborar  a reportaxe escrita enteira, ordear as preguntas e traducilas xa que o xerente de sargopesca preferiu que o entrevistásemos en español, engadir imaxes e gráficas de elaboración propia.

Na visita á empresa o que fixen foi entrevistar a Ricardo Jiménez (xerente de saropesca) xunto cos meus compañeiros Nacho e Ricardo mentres Jana gravaba co seu móvil. Sentímonos bastantes cómodos e a entrevista xurdiu con normalidade, observamos a oficina e os diferentes paneis informativos que se atopaban alí.

Dende o meu punto de vista, o máis difícil foi quizás contactar coa empresa e buscar información sobre ela en Internet, xa que non se ofrecía moita, logo tamén ti.vemos algunha dificultade co video reportaxe aínda que finalmente non tivo especial importancia. Quero remarcar que dende o primer momento Ricardo Jiménez amosouse amable e deixou as súas tarefas para atendernos a nós.

O máis fácil foi realizar  as preguntas xa que como xa as tiñamos feitas pois non xurdiu ningunha complicación e se a iso súmase a amabilidade de Ricardo que nos facilitou a entrevista, tamén resultounos doado, atopar a empresa xa que estaba no porto e a localizamos rápido.

Se tivese que repetir, cambiaría a forma de traballar a empresa, xa que os criterios non nos deixaban extendernos moito, aínda así aprendín moito co traballo, foi unha experiencia enriquecedora que volvería a repetir. Aprendín moitos conceptos, como funciona unha empresa sustentable, como se manexa a nivel nacional e internacional, etc. Volvería a repetir esta experiencia pero con outro tema. Tamén traballar en grupo axúdanos a repartir mellor o traballo e aprender a colaborar con outra xente. Quédome co bo de todo isto e applicarei os conceptos que aprendín.