miércoles, 18 de noviembre de 2015

Sesión 4

XEOGRAFÍA:

Na sesión de hoxe comezamos a redactar a solicitude da entrevista a Sargopesca e Eva a corrixiu. Os

outros tres membros do grupo seguiron co proceso de investigación ampliando información e

adquirindo coñecementos novos.


Traballamos bastante ben en grupo e non tivemos practicamente ningunha dificultade.


GALEGO:

Estivemos rematando a solicitude para intentar contactar con eles. Na solicitude reflexamos

información sobre os proxectos e como queríamos realizar a nosa entrevista, tamén o mail de

contacto e un  número de teléfono.

Puidemos traballar axilmente sen apenas dificultades

Sesión 3

XEOGRAFÍA:

Hoxe puidemos rematar a posta en común das empresas con toda a información e a táboa completada

polos datos correspondentes. Decidimos traballar sobre as empresas de Sargopesca e Tanaguarena

Group, esperamos que podamos traballar al menos unha das dúas. Estivemos rematando a rúbrica cas

preguntas e buscando información específica acerca desas empresas mentres Ricardo e Nacho

dábanlle os últimos retoques á súa táboa.

GALEGO:

Nestes cincuenta minutos Jana e máis eu estivemos separados de Ricardo e Nacho pola falta de

ordenadores polo que a comunicación foi máis compolicada. Aínda así apuramos o traballo pendente

da sesión anterior  e matizamos algunhas preguntas do proxecto.

Investigando a empresa

Estes son os datos máis relevantes que atopamos sobre Sargopesca S.L:
  1. A empresa chamase Sargopesca S.L., ésta é de ámbito multinacional que conta con 6 empleados (2015) polo que é unha pequena empresa que se encontra en Vigo e conta cunha capital de 30.000 euros.
  2. Pertence ao sector primario, e o subsector é a pesca.
  3. Actualmente non moita xente traballa neste sector, pero en España, se desenvolve e se extende rapidamente.
  4. Se dedica á pesca no mar e desenvolve pouco a pouco a súa actividade por cada continente.
  5. Está na zona portuaria de Vigo porque é un dos portos máis grandes e eficientes do mundo.
  6. Utiliza: Naves no porto, barcos, maquinaria para pescar, pescadores... Pesca diferentes tipos de pescado.
  7. Mercado Internacional.
  8. Utilizan publicidade.
  9. Teñen contratos indefinidos.
  10. 3ºconvenio colectivo para la acuicultura marina nacional.
  11. A relación que teñen basease nas organizacións empresariais que colabora con ela.
  12. Actualmente a empresa traballa por todo o mundo(en moitos paises) e negocia con algúns para conseguir que compren os seus servicios.

miércoles, 11 de noviembre de 2015

Empresas seleccionadas

NOME DA EMPRESA
SECTOR ECONÓMICO 
CARACTERÍSTICAS SUSTENTABLES
LOCALIZACIÓN E
DATOS DE CONTACTO
ENLACE PÁXINA WEB
Sargopesca
Primario
Recicla 
Usa paneis solares
Comercio xusto

TINGLADO GRAL. DE EMPAQUE, PLANTA 1º -  OFICINA 1

PUERTO PESQUERO – 36202 – VIGO (SPAIN)

TLF:(0034)986458138

www.sargopesca.net/

Tanaguarena group




Secundario
Recicla
Comercio xusto
C/Pi y Margall,nº62
C.P 36202-Vigo
Tlf:986 29 51 39

Algamar




Primario
Recicla e utiliza paneis solares
Bahía de Vigo a 18km.
lugar catalogado como Red Natura 2000

Tienda Mundos




Sector servizos (comercio xusto).
-Comercio cooperativo que facilita o diálogo.
-Comercio sensible e transparente, onde se respecten os dereitos.
-Relacións comerciales con empresas de confianza.
-Comercio que respecta ao medio ambiente.
-Teléfonos: 986 236 598 -670 016 473                         Email: mundos@tiendamundos.com   Facebook:  
         
Puntos de recogida de pedidos:

  • Restaurante vegetariano Galgala (Placer nº4)
  • Café La Galeria Jazz (Ronda de Don Bosco nº21)
  • Sipi Nopi (Edificio Mercado Progreso)
  • Frutería Milenrama (Marqués de Valladares nº2)
  • Metropolis (Llorente nº29, Interior)
  • A Raiña Verde (Zaragoza nº57)
  • A Tenda do Avó (Abeleira Menéndez nº11)

Modelo de solicitude

SOLICITUDE A SARGOPESCA:

Estimado ou estimada xerente de Sargopesca:

Somos alumnos e alumnas do colexio Salesianos Vigo, estamos traballando nun proxecto de Ciencias Sociais e Galego sobre empresas sustentables e decidimos que a súa empresa é a mellor para a nosa investigación.

Gustaríanos contactar con algún responsable da empresa e facer unha entrevista para ampliar contidos. Estivemos analizando bastantes tendas e empresas sustentables en Vigo pero ao final decidimos que a mellor opción eran vostedes.

Eliximos o voso negocio porque cumpre as características que requería o noso proxecto: reciclaxe, respecto ó ambiente, sustentabilidade e segundo o que atopamos, utilizades enerxías renovables como a solar. Por ese motivo cremos que é unha boa oportunidade para coñecervos.

Oxalá aceptedes a nosa solicitude e así poidamos aproveitar esta marabillosa opotunidade. Se isto sucede, podedes contactar connosco no seguinte e-mail:__________________ e neste teléfono:___________________ . É preferible que contactedes con nós a partir das catro da tarde xa que antes temos clase.

Dámoslles as grazas de antemán pola súa atención.

 Atentamente, Ricardo M. B; Nacho R.S ; David T.N e Jana A.G







miércoles, 4 de noviembre de 2015

Ideas para o proxecto

Bos días! Estas son as ideas para o noso proxecto.

CUESTIÓNS:
  • Que tipo de reportaxe sobre a empresa queremos facer? (narrativo, con entrevistas, explicativo).
  1. Queríamos que a base da nosa reportaxe fora unha entrevista, pero para que non quedase moi monótona engadiremos unha narración introductoria.
  • Que pasos temos que seguir para elaborar a reportaxe?
     PASOS:
  1. Elixir a empresa sobre a que imos informarnos e elaborar a entrevista.
  2. Contactar con ela de forma cordial, para solicitar unha visita.
  3. Cando cheguemos, realizaremos as preguntas previamente feitas para obter maior información para o noso proxecto.
  4. Estructuralo e ordenalo nun Power Point, Word,... ou calquera outro programa informático para unha boa presentación do traballo.
  5. Sacar conclusións sobre a información obtida.

  • Que contidos/temas podemos abordar a través da reportaxe? (a que preguntas podemos dar resposta).
  1. Que características sustentables teñen.
  2. Como realizan o seu traballo.
  3. Canta xente traballa na empresa.
  4. A que sector pertencen ( primario, secundario, terciario).
  5. Cal é o seu primer obxectivo co seu traballo.
  6. Se traballan conxuntamente con outras empresas e se é así con cales.
  7. Se é tenda (s. terciario): de onde veñen os productos que venden.
  8. Se eles consiguen/fabrican os productos(s. primario e secundario): a onde van tras o proceso que aquí se realiza.
  9. Por que motivo decidiron formar esa empresa.
  10. Que recursos utilizan para que sean sustentables.