viernes, 10 de marzo de 2017

Tarefa integrada UD 3: Galicia no século XIX

Galicia no século XIX


Vídeo: Clic aquí para ver o vídeo

Cronoloxía: adxuntamos aquí a cronoloxía xa que houbo un erro de edición e o programa co que traballamos non nos deixou poñer a cronoloxía xunto co vocabulario, sentimos as molestias.

  • Guerra de Independencia Española (1808-1814).
  • Ocupación dos franceses durante a guerra en Galicia (1809).
  • Os franceses, ao mando do mariscal Soult, persiguen o exército inglés de Moore (1809).
  • Batalla de Elviña (1809).
  • Batalla de Pontesampaio (7 e 9 de xuño de 1809).
  • Pronunciamento de Díaz Porlier (1815).
  • Novo pronunciamento cando a gornición da Coruña apoiou a sublevación de Riego en Cádiz (1820)
  • Pronunciamento do comandante Solís (1846).
  • Mártires de Carral (1846).
  • Galeguismo (mediados do século XIX).
  • Provincialismo (1840-1846).
  • Reforma de Xavier Burgos (1833).
  • Rexionalismo (1885-1916).
  • Peche da fábrica de Sargadelos (1875).
  • Desamortización das propiedades da Igrexa (1836).


Diario de aprendizaxe:
Ao comezo do proxecto o tema que nos tocou parecía un pouco complicado xa que só tiñamos a axuda do libro. O proxecto consistía no seguinte: realizar un vídeo con diferentes fontes históricas acompañadas dunha voz en off grabada por nós mesmos, onde ao final engadimos unha pequena sección pertencente ás palabras de vocabulario asociadas ao tema que nos foi asignado.
A primeira sesión foi bastante curta. Limos rápidamente o tema e subliñei información salientable.
Na segunda sesión comezamos a traballar cos ordenadores e apuntamos o vocabulario e a cronoloxía máis salientable e preparei a parte do texto que tiñamos que ler Alejandra e máis eu.
Na terceira sesión incorporouse Cloe e realizamos unha búsqueda de fontes históricas relacionadas co noso tema a expoñer e fixemos unha investigación para poder atopar as datas e procedencias de cada cadro, imaxe, mapa, grabado, debuxo, retrato... e rematamos de resumir cada un a súa parte.
Na cuarta sesión digamos que comezaron os inconvintes xa que tivemos problemas cas voces en off xa que non de axustaban co tempo proposto, debido a isto quedamos os catro integrantes do grupo fora do aula e finalmente puxemos unha solución ao problema. Nesta sesión comezamos coa montaxe, eu buscaba fontes históricas mentres que Alejandra as axustaba ao Movie Maker.
A última sesión foi moi axetreada xa que íamos un pouco xustos, eu encargueime de facer todo o vocabulario para despois engadilo, non nos deu tempo a rematar e quedamos pola tarde para rematalo e terminar de cadrar todas as fotos co tempo e finalmente engadir a música.