miércoles, 2 de diciembre de 2015

Deseño da visita e posible entrevista

Bos días, finalmente, está confirmado que a empresa que imos a traballar vai ser Srgopesca S.L. Velaquí as preguntas que lle faremos ao xerente da empresa.
  1.  Actualmente, con cantos empregados conta Sargopesca SL?
  2.  En que eido (local, rexional, nacional ou internacional) se desenvolve?
  3.  Empregan vostedes fontes de enerxía renovables ?
  4.  Practican deslocalización?
  5.  Contan con instalacións específicas?
  6.  Informámonos de que se trata dunha sociedade limitada, de cantos propietarios dispón?
  7. Os traballadores que ten a vosa empresa son todos de aquí?
  8. A que subsector industrial pertece? 
  9.  Recibiron durante estes anos algún tipo de subvención do goberno ou mesmo do concello de Vigo? Está suxeita a leis ambientais? 
  10. Pertencen a algún sector empresarial?
  11.  É unha empresa pública ou privada?
  12.  Contan con maquinaria especializada?
  13. Inclúen as novas tecnoloxías nos procedementos industriais?
  14. Cooperan con algunha distribuidora?
  15.   Proporcionades contratos fixos ou temporais principalmente?
  16.  Publicitan o negocio?
  17.  Cales son as características máis relevantes da economía que practican?
  18. Posto que sodes unha empresa que vos centrades no ámbito pesqueiro, de onde proveñen a maioría das vosas capturas?
  19. Cales son os países aos que máis produtos exportades?
  20. Comprades materias primas a outras empresas do ámbito pesqueiro?

No hay comentarios:

Publicar un comentario