miércoles, 11 de mayo de 2016

PLAN DE EQUIPO

CARGOS:

  • Coordinador: David T.N. Coordinar e asegurarse de que as tarefas están ao día
  • Mediadora: Andrea P.P. Tratar os posibles conflitos e desacordos que xurdan no grupo
  • Motivador: Guillermo G.L. Incentivar e axudar aos membros do grupo.
  • Axudante: Itziar F.R. Axudar e aportar ideas ao resto dos grupo.
PLANIFICACIÓN:
  • A nosa idea para desarrollar as preguntas é a seguinte. Decidimos facer un xogo chmamado 

preguntados que consistirá en dúas ruletiñas, unha cos países de Oceanía traballados e ouitra cos 

diversos apartados traballados (economía, xeografría física, humana e política) de modo que o que 

habrá que facer consistirá en xirar a ruleta dos países para saber o que te toca e despois xirar a outra 

ruleta para saber que specto da xeografía dese país preguntaremos.

  • A organización será a seguinte: Andrea posiblemente traia o material necesario para empezar a 

elaborar o xogo, Guille investigará nos outros blogs da outra clase para recoller información e poder 

redactar máis cuestións, Itziar e máis eu elaboraremos as preguntas e axudaremos a montar o xogo.

martes, 2 de febrero de 2016

Exposición do proxecto

Durante a primeira avaliación estivemos realizando o proxecto de vigo sustentable e tras unha larga búsqueda centramos a vista en Sargopesca S.L. unha empresa que a primeira vista parecíanos a adecuada e que logo teríamos que verificar coa información que iríamos atopando e coa entrevista.

Todo o grupo aportou e traballou moito, pero eu persoalmente, o que fixen foi buscar distintas empresas que encaixasen cos requisitos, tamén busquei información para a reportaxe escrita, e para completar as entradas do blog e finalmente encargueime de elaborar  a reportaxe escrita enteira, ordear as preguntas e traducilas xa que o xerente de sargopesca preferiu que o entrevistásemos en español, engadir imaxes e gráficas de elaboración propia.

Na visita á empresa o que fixen foi entrevistar a Ricardo Jiménez (xerente de saropesca) xunto cos meus compañeiros Nacho e Ricardo mentres Jana gravaba co seu móvil. Sentímonos bastantes cómodos e a entrevista xurdiu con normalidade, observamos a oficina e os diferentes paneis informativos que se atopaban alí.

Dende o meu punto de vista, o máis difícil foi quizás contactar coa empresa e buscar información sobre ela en Internet, xa que non se ofrecía moita, logo tamén ti.vemos algunha dificultade co video reportaxe aínda que finalmente non tivo especial importancia. Quero remarcar que dende o primer momento Ricardo Jiménez amosouse amable e deixou as súas tarefas para atendernos a nós.

O máis fácil foi realizar  as preguntas xa que como xa as tiñamos feitas pois non xurdiu ningunha complicación e se a iso súmase a amabilidade de Ricardo que nos facilitou a entrevista, tamén resultounos doado, atopar a empresa xa que estaba no porto e a localizamos rápido.

Se tivese que repetir, cambiaría a forma de traballar a empresa, xa que os criterios non nos deixaban extendernos moito, aínda así aprendín moito co traballo, foi unha experiencia enriquecedora que volvería a repetir. Aprendín moitos conceptos, como funciona unha empresa sustentable, como se manexa a nivel nacional e internacional, etc. Volvería a repetir esta experiencia pero con outro tema. Tamén traballar en grupo axúdanos a repartir mellor o traballo e aprender a colaborar con outra xente. Quédome co bo de todo isto e applicarei os conceptos que aprendín.

viernes, 11 de diciembre de 2015

Sesión 8

Hoxe tivemos as respostas con nós xa que xa fixemos a entrevista, empecei a montar a reportaxe

escrita, pero non a rematei. Só dispoñemos dun ordenador polo que solo traballei eu e non avanzamos
moito pero xa o teremos todo rematado para o venres 11.

Sesión 7

Hoxe só tivemos á hora de xeografía, a aproveitamos bastante ben. Rematei de buscar información

para ampliar e rematar algunhas tarefas pendentes aparte de modificar algunhas preguntas do blog,xa

que temos a entrevista con SARGOPESCA S.L. esta tarde. O temos todo listo.